Alejandro Fernandez

(Vigo,1976) De formación autodidacta, pero con título de técnico en ilustración gráfica e publicitaria pola escola de arte Antonio Failde. As súas obras abarcan moitas disciplinas, desde a pintura mural, a escenografías para obras de teatro, esculturas en xeo, así como participación no movemento reivindicativo das Meninas de Cánido, en Ferrol.

Gonzalo Alonso

Nacido en Cangas do Morrazo, pasa a súa infancia coa súa familia en París onde reside ata os 18 anos. Alí adquire a súa formación artística a través das múltiples correntes e tendencias que conviven na capital francesa. Posteriormente trasládase a Madrid, e unha vez finaliza os estudos de Decoración de Interiores instálase en Vigo. A partir de entón empeza un longo período de consolidación profesional, centrándose principalmente na pintura mural e o deseño gráfico, a talla e a escultura. Toda esta actividade desenvólvese paralelamente á súa faceta como músico autodidacta que lle permite ademais de viaxar polo país, coñecer outros continentes. Estas experiencias son unha peza crave para unha maior ampliación do abanico que conforma a súa diversidade artística.

Antonio Barbará

Leva achegando a súa arte aos espazos públicos da cidade dende fai máis de vinte anos. A súa afección adolescente converteuse no seu medio de vida e na actualidade recibe numerosos encargos de particulares para adornar as súas fachadas.

Síguenos en las redes!