(Vigo,1982) Dende que era neno gústalle debuxar, atraéndolle especialmente a estética do cómic e o grafitti. Durante a súa adolescencia comeza a
escribir as súas primeiras letras e a crear personaxes polas rúas de Vigo. Esta introdución á pintura lévalle, anos despois, a estudar Belas Artes. Licénciase pola facultade de Belas Artes de Pontevedra, especializándose en pintura e debuxo, onde recibe unha bolsa Erasmus para estudar en Iassi (Romanía). A continuación amplía a súa formación en artes gráficas, na EMAO viguesa.

Actualmente reside na súa casa taller nun pobo nas profundidades galaicas, onde divide a súa actividade artística entre a pintura , o muralismo, as artes gráficas e o deseño. Ultimamente tamén está a participar e levando acabo propostas audiovisuais.
En 2014 funda xunto a Marte Martinka o colectivo artístico Cromosaurio, co que se adican á arte gráfica-téxtil e o deseño de moda. A súa obra, colorista e orgánica, percorre desde o máis vanal e cotián, ao místico, o existencial ou o político, sempre dende unha perspectiva absurdista e misteriosa, tal e como el ve a vida, utilizando a ironía e o humor como bálsamo ante a misantropía e o derrotismo.

Entre outros lugares expuxo na Galería Olalab, o Auditorio de Galicia, o Falcón Milenario, o MARCO ou A Casa Acesa.

Síguenos en las redes!