Miguel Ángel Belinchón Bujes, máis coñecido como Belin, orixinario da Cidade de Linares
(Jaén), é un artista plástico autodidacta. Desde moi pequeno tivo a iniciativa de manterse creativo
a toda hora e en todos os aspectos, e esta mesma inquietude permanece ata os seus anos de
instituto onde cursa o bacharelato artístico. Despois de tentar adaptarse a un programa educativo
artístico obsoleto, decide desertar e buscar mediante bibliotecas, museos e outras funcionalidades
experimentais dar renda solta á inventiva que xacía na súa mente.
Os seus comezos foron perseguidos como calquera outro artista urbano con ambicións, loita tras
loita a base de cor e imaxinación sen caer na conta de que algún día deixaría pegada cal infesta
desde as rúas. Belin obtivo o seu froito, obtivo premios e recoñecementos polos seus méritos.
Na actualidade este artista xa ten un amplo currículo, recoñecido mundialmente pola súa técnica
hiperrealista ao spray, co perfeccionamento dunha técnica que lle deu o recoñecemento do que
agora goza, revela sen dúbida a práctica e perseveranza dun artista entregado á súa arte e a súa
visión.
As súas pezas tanto esculturais como pictóricas exhibíronse por toda España e máis de medio
mundo, tanto en museos, galerías e paredes. Pintou para firmas como Dockers, Carhartt,
Sephora e para artistas coñecidos como Kat Von D, “ High Voltage” de LA, futbolistas, Djs,
modelos, músicos, etc.