Boa Mistura son un equipo multidisciplinar con raíces no grafiti, nacido a finais de 2001 en
Madrid. O termo “ Boa Mistura”, vén do portugués “Boa Mestura”, fai referencia á diversidade de
formacións e puntos de vista de cada un deles. O seu traballo desenvólvese principalmente no
espazo público. Tiveron a fortuna de realizar proxectos en Sudáfrica, Brasil, México, EE. UU,
Georgia, Algeria, Chile, Kenia, Noruega, Reino Unido, Serbia, China ou Panamá. Tiñan 15 anos
cando se coñeceron, mentres pintaban os muros do seu barrio. Fixéronse amigos desde entón. O
seu cuartel xeral está en Madrid e pasan o día de aquí cara alá entre pinturas, computadores e
partidas de ping- pong. Aman o que fan. Entenden o seu traballo como unha ferramenta para
transformar a rúa e crear vínculos entre as persoas. Senten unha responsabilidade coa cidade e o
tempo no que vivimos.
Foron convidados para mostrar a súa obra na Bienal de Urbanismo de Shen Zhen en 2017, na
Bienal de muralismo de Cali en 2016, na Bienal de Arte da Habana en 2015, na Triennale de
deseño de Milano en 2015, na Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo 2013, na
Bienal do Sur en Panamá 2013 e na Biennale de Arquitectura de Venezia 2012.
Participaron en exposicións en centros de arte como o Museo Reina Sofía, Museo MAXXI de Arte
Contemporánea de Roma, Museo DÁ2, CAC Málaga, Centro de Arte de Alcobendas, Welt
Museum de Viena, Caixa Forum e a Casa Acesa.
Desenvolveron proxectos coa ONU, a Fundación ONCE, Oxfam Intermón, Acción contra a fame –
ACF, Greenpeace e Cruz Vermella.
Actualmente colaboran estreitamente coa Galería Ponce+Carballos en Madrid e asesoran á área
de Paisaxe Urbana do Ayto. de Madrid nunha liña de traballo colaborativa.