Artista plástico natural de Vigo, comezou a intervir o espazo público a mediados dos ‘90s mediante o graffiti. Tras licenciarse en Belas Artes cunha beca de intercambio en México decidiu viaxar a América. Nos últimos anos desenvolveu a súa carreira profesional entre México e España, colaborando en eventos de Arte Urbana e mais en proxectos de carácter social, participando en exposicións, charlas e talleres en cooperación con colectivos, asociacións civís, e os gobernos de distintos estados e comunidades. Intercala estas actividades realizando encargos de decoración mural, ilustración e debuxo.

WEB DEL AUTOR
Síguenos en las redes!