Graciela Goncalves Dá Silva é unha artista arxentina, e Animalitoland é o seu universo visual.
Curiosa por natureza, ilustradora autodidacta, e Licenciada en Deseño Gráfico pola Universidade
de Buenos Aires. Durante dez anos traballou en diversas disciplinas: ilustración, cómics,
animación, videoxogos (entre outros), cultivando unha linguaxe visual propia, que usa para dar
forma ás súas criaturas. Ao redor de 2010, levou o seu mundo interior ás rúas, sen saber cuán
profundamente afectaríalle tanto artística como persoalmente.
Foi conferencista en Pictoplasma (Berlín) e Intramuros (Madrid); realizou exposicións individuais
en Club Maipú (Buenos Aires) e Swinton Gallery (Madrid); e pintou nas rúas de Argentina,
España, Portugal, Italia, Francia, Bélgica, Alemania, Irlanda, Noruega, Suecia, Hungría, Estonia e
China. Na actualidade viaxa, pinta e desenvólvese a partir de experiencias directas con persoas.