De vocación moi temperá, interesada dende nena no mundo visual. Estudou co que foi o seu mestre Fernando Artal.

Expoñendo en diferentes puntos de Pontevedra, Ourense e Portugal, na actualidade estuda Belas Artes, polo interese que lle suscita especular cos aspectos teóricos da arte.

“Non se pode separar pintura e vida no caso de
Iria Blanco. Non pintar para ela sería existir doutra
maneira máis elíptica, descarnada. A pintura é o
seu lugar de acollida, sitio hospitalario, fascinante
e pleno. Con ela, a pintura, acrecenta, certifica e
completa a realidade propia en toda a súa
fondura; fomentando a súa pegada irremediable
cara á beleza, a maternidade, o mar, a música, a
ciencia e o descubrimento.”
Fernando Artal

Web del autor

Síguenos en las redes!