Iria é unha ilustradora nada en 1988 en Cataluña e crecida en Galicia. Sempre lle apaixonou
debuxar, por iso estudou Belas Artes, e durante a súa Erasmus en Angoulême deuse conta de
que quería dedicarse profesionalmente a ilustrar. Foi seleccionada en concursos como
Iberoamérica Ilustra 2016, e en eventos como Ilustrísima e Ilustratour. Publicou os seus primeiros
albums ilustrados con Walrus Books (Barcelona), Editorial Galaxia (Galicia) e colaborou con
editoriais como Santillana, Aira e revistas como LaNaval (A Coruña). O seu estilo é persoal e
versátil, e case sempre traballa de forma manual en busca de resultados novos. Parécelle moi
enriquecedor ter unha inquietude artística, tanto en concepto como en estilo, por iso cada día
tenta renovarse e aprender da súa paixón: o debuxo.