Graduada en Terapia Ocupacional, pintora mural
e técnico en danza integral. A súa obra é
multidisciplinar e diversa. Especializouse en
Argentina co gran Muralista Gerardo Ciancciolo e
en Cataluña co mestro de Murais ao fresco Josep
Minguell.
O seu foco de estudo e expresión pictórica, nos
seus inicios, foi a reivindicación social e a muller.
Na actualidade investiga sobre a creación positiva
e a aplicación da Xeometría Sacra na Pintura.
Creou o movemento “Learning Experimental Art”.
Realizou diversos proxectos en Cataluña, Madrid,
Francia, Italia, Bélgica, Bolivia e Argentina a nivel
artístico e a nivel terapéutico acompañando
grupos de persoas mediante a Pintura Mural.

Síguenos en las redes!