Mon Devane é un artista urbano nado na cidade de Ourense, na que actualmente reside. Leva
empregando o spray como principal ferramenta artística desde o ano 2003, ano no que comeza a
desenvolver a súa técnica, primeiro facendo letras e estilos propios do mundo do grafiti, para
acabar realizando obras de carácter realista.
Actualmente o seu persoal estilo reflicte un fotorrealismo monocromático no que emprega
escalas de cores para formar luces e sombras cheas de forza con miradas penetrantes.
Principalmente realiza retratos e rostros expresivos. Actualmente traballa diferentes temáticas,
como o concepto do culto á arte urbana, na que mestura imaxes de virxes e santos con elementos
propios da arte urbano, outras imaxes de carácter máis autóctono enxalzando produtos ou
temáticas propias da súa nación, Galicia, ou simplemente retratos de diferentes persoas. No ano
2016 comeza a viaxar polo mundo para deixar obras en países como México, Italia, Francia ou
Inglaterra