Mr Kern, cuxo nomee real é Mathia Liniado, (Buenos
Aires, 1981) é un debuxante de cómics, ilustrador e artista
de grafiti.
Estudou artes aplicadas en Bordeus e Barcelona (Escola A
Llotja). Herdeiro de influencias tan dispares como o cómic
underground dos anos 80, a pintura surrealista, a arte
urbana ou a obra de Diego de Velázquez.
A proposta artística de Mr. Kern quere ir máis aló do visual,
apelando tamén a outros sentidos: «Uso unha técnica na
que incorporou paté, o que lle confire un cheiro á obra, o
que a fai ser tamén un odorama», para iso sérvese de
soportes dispares como poden ser cartóns de pizzas,
caixas de alimentos conxelados, zapatillas, pan duro,
calquera lugar é bo para debuxar, crear e transmitir unha
mensaxe de humor.
En 2002 publicou o libro Lle Cendart que contén páxinas
de cómic, retratos e algúns dos seus muros grafiteados.
Participou en certames de cultura urbana e exposicións
internacionais en Londres, Luxemburgo, Madrid, Barcelona,
Sevilla e Mánchester. Sobre o seu traballo el di que está
«farto do perfectos que debemos ser todos» e que está
«cansado de que todo o que nos guste sexa absolutamente
redondo, cadrado e polo tanto, belo».
En 2017 comezou a publicar na revista francesa Fluide
Glacial. Ese mesmo ano, xunto a Antoine Pinson, publicou
a súa primeira novela gráfica, O caso Alain Lluch, unha
fantasía exasperada sobre o márketing, a alimentación e o
capitalismo en definitiva.