Nana (Santiago de Compostela, 1983) é técnico en xoiería artistica e técnico en ilustración.
Xa dende a infancia destaca por ser unha persoa moi inquieta. Dende moi pequena comeza a
asistir a clases artístícas e a partir da adolescencia recibe formación do pintor Xurxo Martiño,
experimentando con distintas técnicas de debuxo, pintura e modelado.
No 2006 iniciase no graffiti e o arte urbano realizando intervencións na rúa e en espazos
abandonados. A partir da súa experiencia no espacio plúblico decide realizar os seus estudios de
ilustración na EASD Pablo Picasso, onde recibe unha beca Leonardo Da Vinci para estudiar en
Londres deselvolvendo o seu traballo en ilustración publicitaria.
Hoxe en día acumula unha extensa traxectoria en festivais de arte urbano, eventos e exhibicións
tales como o Desordes Creativas, Mad Poster Art, San Fest, Derrubando Muros con Pintura,
Violencia Zero ou o Elas Tamén Pintan onde realiza numerosos murais de gran formato.
O seu estilo colorista e orgánico fan que a súa obra cunha mensaxe claramente feminista sexa
persoal e inconfundible. 

Actualmente traballa como ilustradora, educadora artística e artista mural en 7H Cooperativa
Cultural realizando diferentes proxectos no ámbito da economía social.

 

www.nanaart.es