Silvia Rodríguez, máis coñecida no mundo do graffiti
coma Sax, iníciase no ano 97 na cidade de Vigo con
vinte anos. É membro dun colectivo de graffiteras a
nivel mundial chamado Stick up Girlz.
Cun extenso currículo no sector do graffiti cabe
destacar a súa colaboración en eventos en contra da
violencia de xénero e a favor da igualdade.
Participante no Meeting of styles de Francia,
Alemania e Italia, gañadora dunha edición do
concurso GalizaCrea, etc.
Pintou en distintas cidades por todo o mundo coma
Nova York, Sídney, Melbourne, Auckland en Nueva
Zelanda, París (onde estivo a vivir), Frankfurt, León
en México, Lisboa e case toda España.
Traballou tamén coma diseñadora para varias
empresas e actualmente é tatuadora en Vigo.

Síguenos en las redes!