Jose Luís Alvarez Seara (Arcade, Pontevedra 1957)
Artista de extrema vitalidade e fantasía desbordada,
adscrito á vangarda, incide en procesos abstractos
acompañados de frescura e despreocupación polo
resultado final. A natureza e a figura humana
configuran un discurso que se inicia a finais dos anos
80 vinculado directamente coa corrente Atlántica.
Seara concibe este universo libre e azaroso
sustentado nunha constante investigación técnica
onde a diversidade de soportes supón un eixo
fundamental á hora de establecer a concepción da
obra. De forma individual, realizou a súa primeira
mostra en Compostela, en 1978, e dende entón
expuxo en Pontevedra, Palma de Mallorca, O Porto,
Vigo e Salamanca. Participou en mostras colectivas
en Santiago de Compostela, Palma de Mallorca,
Vigo, Barcelona e numerosas cidades de Francia e
Portugal e asistiu a feiras internacionais en Madrid,
Milán e Paris. A súa obra está presente en moitas
coleccións públicas, privadas e de particulares en
toda Galicia e portugal, así como en Francia,
Venezuela, Portugal, Inglaterra, EEUU, Grecia e
India.

Síguenos en las redes!