“Pintor vigués, discípulo de Laxeiro”
Xavier Magalhães é un pintor vigués, discípulo de Laxeiro, que interpreta sobre o branco dun lenzo ou dunha táboa todo o que lle tocou vivir. Considera que o artista debe de ser receptivo á sociedade na que vive, e a súa realidade baseouse no amor a Galicia, á pintura e á liberdade.