“De formación autodidacta, a súa traxectoria pictórica nace estreitamente ligada á arte urbana”
Artista vigués licenciado en matemáticas con especialidade en astronomía. De formación autodidacta, a súa traxectoria pictórica nace estreitamente ligada á arte urbana e ao espazo público. Desde moi pequeno Peri estivo en contacto coa arte a través de habituais visitas a exposicións e o contacto con artistas locais. Xunto ao seu grupo de amigos, Os Nenos Especiais (Pelucas, Liqen, Tayone…), comeza a experimentar un pouco máis e afástase do grafiti clásico: cambia letras por personaxes e os seus debuxos e
intervencións na rúa comezan a evolucionar ata que en torno ao 2005 o artista adquire unha linguaxe propia que define o seu estilo actual. A partir deste intre comeza a crear un universo particular, de carácter onírico e sorprendente, que impregnará cada unha das súas obras, cargadas de asociacións simbólicas.