“Artista de extrema vitalidade e fantasía desbordada”
Artista de extrema vitalidade e fantasía desbordada, adscrito á vangarda, incide en procesos abstractos acompañados de frescura e despreocupación polo resultado final. A
natureza e a figura humana configuran un discurso que se inicia a finais dos anos 80 vinculado directamente coa corrente Atlántica. Seara concibe este universo libre e
azaroso sustentado nunha constante investigación técnica onde a diversidade de soportes supón un eixo fundamental á hora de establecer a concepción da obra.