“Publicou álbumes ilustrados e colaborado con editoriais”
Iria é unha ilustradora nada en 1988 en Cataluña e crecida en Galicia. Sempre lle apaixonou debuxar, por iso estudou Belas Artes, e durante a súa Erasmus en Angoulême deuse conta de que quería dedicarse profesionalmente a ilustrar. Publicou álbumes ilustrados e colaborado con editoriais. O seu estilo é persoal e versátil, e case sempre traballa de forma manual en busca de resultados novos. Parécelle moi enriquecedor ter unha inquietude artística, tanto en concepto como en estilo, por iso cada día tenta renovarse e aprender da súa paixón: o debuxo.