“Afirma que fixo xa tantos grafitis que non lembra cuantos muros pintou”
Murone comezou a pintar grafiti hai 17 anos, no ano 2000, cando tiña só 19 anos. Afirma que fixo xa tantos grafitis que non lembra cuantos muros pintou. A súa forma de traballar é moi intuitiva e xera cuadrículas visuais non intencionadas, conseguindo alcanzar unha especie de paz en toda a súa obra. Crea paisaxes en planos diferentes, engade dinamismo, divide espazos e introduce universos máxicos, todo iso para gozar do proceso, pois é aí onde atopa a clave do seu traballo.