“Disneylexya é o nome escollido para representar a idea de mutación gráfica”
Disneylexya é o nome escollido para representar a idea de mutación gráfica baseada na reinterpretación e mestura de mitos da antigüidade coa súa propia simboloxía. Este exercicio deu como resultado unha amálgama composta pola iconografía de bestiarios medievais europeos, tratados alquímicos e a estética nativa latinoamericana. Todo iso enmarcado en estruturas gráficas que gardan certa semellanza coas composicións e a linguaxe utilizada no muralismo popular chileno dos anos 70.