“Considera que a pintura se parece á maxia”
Artista vigués. Considera que a pintura se parece á maxia. Por iso dialogar coa parede e o seu contorno é importante para non perder o vínculo coa realidade. Cando a paisaxe simulada únese cos silencios do cemento ou os rastros que outras persoas deixaron, xérase un terceiro lugar, a simbiose mutualista entre natureza e a rúa.
A natureza é un factor cultural, neste momento histórico remite ao cambio climático, hai 100 anos era un idilio romántico e fai 3000 unha deusa. Os significados da súa obra parten da perspectiva e sensibilidade de quen as ve.