-2024
Zësar Bahamonte
Localización:
>> Rúa Ourense, 14, Freixeiro, 36211 Vigo, Pontevedra
“Co seu traballo, confía na forma e a cor como os piares da súa personalidade e pensamento retratando así ás persoas que fan e deixan facer”
Artista visual e urbano. Naceu en Sevilla, onde creceu debuxando cómics e pintando grafiti ata que orientou os seus estudos cara á arte visual. Ao terminar os seus estudos foise a Sudamérica onde perfeccionou o seu propio estilo, estética e concepto. Co seu traballo, confía na forma e a cor como os piares da súa personalidade e pensamento retratando así ás persoas que fan e deixan facer. Reproduce a beleza das relacións humanas, no amor, na creación e na amizade, e enténdeas como o feito que nos achega á nosa natureza humana. Usa paletas de cores vibrantes e harmónicas, combinadas con formas libres, sinuosas e ingrávidas. Nos últimos anos repartiu murais en gran parte de América do Sur e Europa, incluíndo lugares destacados como Sao Paulo, cidade de México, Barcelona, Lisboa, Buenos Aires, Bogotá, Jerusanlem, Amsterdam ou París.