“Adquire a súa formación artística en París”
Nacido en Cangas do Morrazo, pasa a súa infancia coa súa familia en París onde reside ata os 18 anos. Alí adquire a súa formación artística a través das múltiples correntes e
tendencias que conviven na capital francesa. Posteriormente trasládase a Madrid, e unha vez finaliza os estudos de Decoración de Interiores instálase en Vigo. A partir de entón empeza un longo período de consolidación profesional, centrándose principalmente na pintura mural e o deseño gráfico, a talla e a escultura. Toda esta actividade desenvólvese paralelamente á súa faceta como músico.