“Durante a súa adolescencia comeza a escribir as súas primeiras letras e a crear
personaxes polas rúas de Vigo”
Desde que era neno gústalle debuxar, atraéndolle especialmente a estética do cómic e o grafitti. Durante a súa adolescencia comeza a escribir as súas primeiras letras e a crear
personaxes polas rúas de Vigo. Esta introdución á pintura lévalle, anos despois, a estudar Belas Artes, especializándose en pintura e debuxo. A continuación amplía a súa formación en artes gráficas, na EMAO viguesa. A súa obra, colorista e orgánica, percorre desde o máis banal e cotián, ao místico , o existencial ou o político, sempre desde unha perspectiva absurdista e misteriosa, utilizando a ironía e o humor como bálsamo.