“O seu traballo desprende boas vibracións e luminosidade a través de cores suaves e brillantes”
Ademais de pintar, Mina, que naceu en EEUU e criouse en Tokio, escribe poemas e contos. O seu traballo desprende boas vibracións e luminosidade a través de cores suaves e brillantes. En Barcelona descubriu a escena artística rueira e a partir de aí comezou a experimentar co spray obtendo excelentes resultados. Pinta murais co artista Zosen Bandido, co que consolidou un dúo artístico moi potente. Xuntos, pintaron en varios países de Europa, Asia e América. Mina di que se tivese que elixir a parede dos seus soños seguramente sería preto da súa familia, en – Japón.