-2023
Marta Lapeña
Localización:
>> Travesía Benito Nogueiro, 8, 36205 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
“A súa obra sitúase entre a pintura e o muralismo, ás veces materializada en proxectos específicos e outras en propostas máis experimentais”
Artista plástica e muralista, vive e traballa en Madrid. Tras graduarse en Arquitectura de Interiores pola Universidad Politécnica de Madrid, decide por vocación entregarse á pintura e á investigación de diferentes técnicas, centrándose máis adiante na concepción e desenvolvemento de proxectos artísticos, sociais e persoais. A súa obra sitúase entre a pintura e o muralismo, ás veces materializada en proxectos específicos e outras en propostas máis experimentais. O seu traballo está innatamente influenciado por experiencias da vida cotiá, persoas que coñeceu, a contorna que lle rodea e os temas sociais que lle preocupan.