“Desde moi pequeno e xunto co seu irmán, comeza a destacar de maneira innata no debuxo ”
Artista vigués que, desde moi pequeno e xunto co seu irmán, comeza a destacar de maneira innata no debuxo e o manexo das proporcións, que se irá puíndo grazas á fixación e á observación da realidade que se move á súa ao redor. A súa pronta paixón pola natureza, polo devir do home, a diversidade das especies (en particular os insectos), fai que adquira unha capacidade asombrosa para a creación cosmogónica, para a inventiva fantástica e delirante que o mundo e a materia outórganlle.