-2015
Villalobos
Localizacións:
>> Rúa Enrique Blein Budiño, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
>>Avda. Emilio Martínez Garrido 88, 36205 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
“Pintor, debuxante, escultor e serígrafo”
Artista pertencente á xeración dos 80 en Cuba. Pintor, debuxante, escultor e serígrafo, cursou estudos de escultura na Escola Nacional de Artes da Habana e estudos de pintura e debuxo no Instituto Superior de Artes da mesma cidade. Crea o grupo RUPTURA composto polos seus catro eterónimos: Nelson, Villa, Ferrer e Lobo e un manifesto do mesmo nome, co que defendía a arte pola arte, afastado de épocas e tendencias, unha arte plural. Esta pluralidade convérteo nun pintor de pintores, que puidese parecer carente de estilo, e que con todo contenos todos. A súa obra é unha confluencia de culturas – afrocubana, exipcia, latinoamericana, peruana entre outras – e influencia doutros grandes artistas – como Picasso, Matisse, Picabia entre tantos – dos que bebe e desde onde mana o seu propio universo pictórico.