“Parte da súa obra mantén un carácter público ”
Artista natural de Vigo, (1978). A diversidade formal do traballo deste artista nútrese dos diferentes campos nos que actúa: desde o deseño gráfico ou a ilustración, ás súas intervencións rueiras ou o seu traballo de galería. Parte da súa obra mantén un carácter público e o seu interese céntrase en conceptos como o papel do artista na sociedade, a relación deste coa súa actividade creativa, a morte na arte, a figura do artista dentro da cidade ou a presión existencial do individuo contemporáneo; todo isto camuflado por unha estética colorista que oculta, a primeira vista, temas transcendentais. Interésanlle as construcións efémeras tanto dentro como fose do espazo expositivo e o contraste entre o esforzo obsesivo na creación dunha peza, aínda sendo consciente previamente da súa caducidade.