“Artista plástico especializado no grafiti a partir de 1999”
Natural de Barcelona (1984) é un artista plástico especializado no grafiti a partir de 1999, con estudo en Madrid desde 2013. Experimentou con diferentes técnicas desde a súa
infancia, ata que decidiu centrarse no grafiti, que lle permitiu expoñer en diferentes lugares de Europa, e participar en festivais e exposicións colectivas. O seu leitmotiv é
GLAUB AN DICH – ARBEITE HART, do alemán cre en ti e traballa duro, argumento grazas ao cal foi abríndose camiño no panorama internacional.