«O Equipo Plástico son Nuria Moura, Nano4814, Sixe e Eltono»
O Equipo Plástico son Nuria Moura, Nano4814, Sixe e Eltono. Unidos por unha admiración mutua e coa intención de levar mais alá a influencia da rúa no desenvolvemento dos seus traballos, deciden formalizar esta unión. Cada un deles leva anos traballando no espazo urbano e desenvolveron unha actividade artística individual que lles levou a expoñer os seus traballos en galerías privadas españolas e internacionais así como en institucións e museos de prestixio. A partir de agora, o grupo abandona cada discurso estético individual ao servizo dun concepto común, diluíndo os límites da autoría no resultado.