“Dende pequeno gustáballe debuxar, comezou a facer skate e coñeceu o mundo do grafiti.”
Miguel Cajaraville naceu en Baiona (Pontevedra), comezou no atletismo con 4 anos probando todas as disciplinas, máis tarde decidiu quedar coa pértega porque combinaba acrobacia e axilidade. Dende pequeno gustáballe debuxar, comezou a facer skate e coñeceu o mundo do grafiti. Estudou Belas Artes. Ademais pinta na pel “tatuaxes”. Gañou como muralista o certame Xuventude crea 2019 coa súa obra Cor de Corral. Tamén gañou o concurso de arte urbana “II Batalla mural” convocado polo Concello de Vigo, coa súa obra “Máis cara caveira”, o que lle dá a oportunidade de participar como artista na edición do programa de medianeiras deste ano.