Diego AS

Localización:

>> Avenida castelao, 29 36209, Vigo – Pontevedra
ver en google maps

“O seu xigantesco grafiti de Julio Cesar pintado en Lugo está nomeado a mellor mural do mundo do 2021 segundo a Street Art Cities”

O seu nome é Diego Anido Seijas ten actualmente 33 anos, pseudónimo: DiegoAS.
Naceu na Cidade amurallada de Lugo, e leva pintando máis de 15 anos grafiti ou arte urbana con espray , facendo todo clase de obras xa na súa cidade e outros puntos de España como Oviedo, Malaga, Madrid, Barcelona, dedicándose profesionalmente desde o 2015 con todo tipo de encargos de murais e sempre levando a cabo os seus traballos máis persoais.
Tamén pinta noutros formatos como cadros ou outros soportes no estudo con diferentes técnicas, con algo de formación nas artes gráficas como serigrafía e gravado artístico superior e 6 anos traballados no mundo da impresión dixital con rotulación e outros formatos do sector do rotulista.
O seu xigantesco grafiti de Julio Cesar pintado en Lugo está nomeado a mellor mural do mundo do 2021 segundo a Street Art Cities, a maior comunidade de arte urbana do mundo.

  —  Instagram

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!