-2022

Ele.Zissou

Localización:

>> Escaleras Dr cadaval, 36202 Vigo, Pontevedra
ver en google maps

 

“Creou o seu propio universo visual cheo de personaxes divertidos e adorables, pero con certo transfondo misterioso”

Elena González, aka ele.zissou, é unha ilustradora e muralista residente en Madrid procedente dun pequeno pobo de Salamanca. Empezou como deseñadora gráfica movéndose entre Salamanca, Madrid, Barcelona e Berlín, ata que descubriu que o seu camiño era a ilustración, un mundo onde sente máis cómoda e libre. Inspirada na natureza, en vivencias da súa infancia, en series e películas de animación que viu desde pequena e noutros ilustradores que admira, creou o seu propio universo visual cheo de personaxes divertidos e adorables, pero con certo transfondo misterioso. Encántalle experimentar e probar diferentes soportes e técnicas, e é por este afán de probar cousas novas que comezou a pintar murais. Actualmente traballa como ilustradora nun estudo de animación sen deixar de lado os murais.

  —  Instagram

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!