-2022
Marina Capdevila
Localización:
>> Avenida Madrid, 24 36204 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
“O seu traballo baséase en utilizar o recurso da esaxeración para distorsionar situacións da vida cotiá, levándoas a un punto máis extremo, buscando a ironía”
Ilustradora catalá licenciada en Belas Artes pola Universitat de Barcelona, complementa os seus estudos en Willem de Kooning Academy de Róterdan, e co Posgrao de Ilustración creativa na escola Eina, Barcelona. O seu traballo baséase en utilizar o recurso da esaxeración para distorsionar situacións da vida cotiá, levándoas a un punto máis extremo, buscando a ironía. O seu pobo e as persoas maiores son as súas grandes referencias, ademais dos ilustradores contemporáneos que segue, como L’Agostino Iacurci, o Dulk ou Low Bros. Adoita traballar en dous soportes, papel e mural, cada un deles transmítelle unhas connotacións diferentes e é no mural onde atopa o seu traballo mais persoal, deixando que a espontaneidade tome protagonismo á hora de expor as ilustracións.