-2025
Hugo Lomas
Localización:
>> Rúa Montecelo Alto, 62, Teis, 36207 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
“Nas súas obras combina o graffiti con ferramentas variadas como aerógrafos, pistolas, pinceis ou rodillos”
Fascinado polo debuxo dende neno, os seus inicios no graffiti remontan a 1995, cando aos catorce anos é expulsado do instituto por ser sorprendido pintando con spray. Ao volver ás aulas, o seu profesor de arte impónlle unha sanción paradoxal: instalo a que repita a obra, desta vez no muro do instituto e coa aprobación do centro. A mística do prohibido e a arte como vehículo de expresión libre serán as únicas pautas que o guiarán para canalizar as súas inquedanzas.
Nas súas obras combina o graffiti con ferramentas variadas como aerógrafos, pistolas, pinceis ou rodillos. A exploración artística é a clave da súa evolución; lonxe de encorsetarse en etiquetas artísticas concretas, cada novo proxecto é unha ruptura e un novo aprendizaxe. Obras realizadas exclusivamente con bolígrafo sobre papel (Boligraff), o uso de técnicas mixtas e lume sobre madeira (Más madera, Ánimas…), ilustracións efémeras creadas con punteiros láser que se desvanezcen, agonizantes, mentres se están a crear nun xogo literario (Lumen) son só algúns exemplos da diversidade que abarca a obra de Sfhir.

