-2025
Alegría del Prado
Localización:
>> Rúa Rola, 116, Sárdoma, 36204 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
«No 2010 crean o colectivo Alegría del Prado e desde entón atopamos os seus murais en diferentes cidades de ambos países»
Dúo formado por Octavio Macías Alegría (Guadalaxara, México) e Ester González del Prado (Burgos, España). No 2010 crean o colectivo Alegría del Prado e desde entón atopamos os seus murais en diferentes cidades de ambos países.
“A nosa obra procura espertar unha conciencia colectiva, cun imaxinario que reconcilia a vida natural e a vida moderna. Na pintura mural compartimos o proceso e a obra co espazo público.
Arte que invade muros co obxectivo de levar a cultura ás rúas. Cores que se avivan coa ollada de calquera espectador. Orixe común. Identidades compartidas.”


