“É un dos pioneiros do graffiti en Galicia”
O vigués Powone é un dos pioneiros do graffiti en Galicia. A súa andaina arrinca en 1991, e posúe unha longa traxectoria ás súas costas con múltiples murais na súa cidade natal así como en moitas cidades galegas e do resto do estado. Autodidacta, o seu traballo viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa nin cartón, un proceso no que sente cómodo e manéxase de maneira precisa co spray como ferramenta esencial. Actualmente segue alternando a súa actividade máis libre na rúa con múltiples e diversos traballos para todo tipo de empresas e entidades, convertendo a súa experiencia co spray e a súa paixón polo grafiti na súa principal actividade laboral.