“O Marisquiño existe desde 2001 e na actualidade converteuse no maior evento de Cultura Urbana e Deportes de Acción do sur de Europa”
O vigués Powone é un dos pioneiros do graffti en Galicia. A súa andaina arrinca en 1991, e posúe unha longa traxectoria ás súas costas con múltiples murais na súa cidade natal así como en moitas cidades galegas e do resto do estado. Autodidacta, o seu traballo viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa nin cartón, un proceso no que sente cómodo e manéxase de maneira precisa co spray como ferramenta esencial.
O Marisquiño existe desde 2001 e na actualidade converteuse no maior evento de Cultura Urbana e Deportes de Acción do sur de Europa. Un gran festival gratuíto, ao aire libre, en pleno mes de agosto, fronte ao mar e que reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas así como distintos eventos culturais como break dance, exhibicións de grafiti, música en directo, etc. O Marisquiño e Pow uniron as súas forzas para crear unha mural homenaxe na cidade.