-2025

Carola Bagnato

Localización:

>> Rua Rosario Hernández Diéguez, 2, Teis, 36207 Vigo, Pontevedra
ver en google maps

“Dende 2020 reside en Barcelona, onde combina a súa produción mural coa súa práctica artística de pintura no seu obradoiro en Sant Martí”

Carola Bagnato (Mar del Plata, Arxentina, 1990) é artista plástica, ilustradora e muralista. Dende idade temperá debuxa e pinta de forma autodidacta, para logo especializarse en Debuxo na Facultade de Artes da Universidade Nacional de La Plata. Complementou a súa formación con estudos de animación tradicional con Carlos Escudero, clínica de debuxo con Luis Scafatti, clínica de obra con Guby Caregnato, obradoiros de ilustración con Jesús Cisneros, curso de álbum ilustrado con Dani Torrent, ademais de talleres de cerámica e pintura.

En 2012 comezou a pintar murais no espazo público, experiencia que definiu o seu vínculo coa parede como interface e coa rúa como territorio creativo. Realizou murais en Arxentina, Brasil, Italia e España, colaborando con marcas como Santander, Mahou, Red Bull e Sprite, así como con entidades culturais e proxectos de arte urbana como B-Murals, Contorno Urbano e Rebobinart (Barcelona), Espazo Amazonas (Madrid), Canal Encuentro (Arxentina), Usina del Arte (Bos Aires), o Concello de Vigo (Galicia), o Concello de Benicarló, Asociación Superacció (Barcelona), Ravaleart de Street Art Barcelona.

Dende 2020 reside en Barcelona, onde combina a súa produción mural coa súa práctica artística de pintura no seu obradoiro en Sant Martí. Paralelamente desenvolve proxectos educativos e participativos de muralismo e street art, así como clases máis tradicionais de debuxo e pintura.

 

  —  Instagram

 

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!