“Artista estreitamente relacionado coa literatura e a pintura”
Artista estreitamente relacionado coa literatura e a pintura desde os seus primeiros anos, comeza a súa traxectoria profesional a mediados dos oitenta en Madrid, onde entra en contacto directo coa comunidade artística e comeza a concibir a arte como unha forma de vida. Darío Álvarez Basso considera que a súa obra, dentro da tradición pictórica máis clásica, ten un carácter atemporal, o que nunca foi obstáculo para asumir unha conciencia creadora no contexto da contemporaneidade e render tributo persoal ao home do seu tempo.