-2025
Dafne Tree
Localización:
>> Rúa Santa Tegra, 71, Teis, 36207 Vigo, Pontevedra
ver en google maps
“A artista formula cales poden ser os límites que xeneran os espazos arquitectónicos dentro e fóra de áreas non habitadas”
A súa obra mostra unha revisión sobre o diálogo coa arquitectura e como o debuxo e a pintura son capaces de adaptar unha linguaxe que abranga as posibilidades que ofrece o medio.
A artista formula cales poden ser os límites que xeneran os espazos arquitectónicos dentro e fóra de áreas non habitadas, facendo referencia á resistencia fronte á transformación constante das periferias das cidades, ademais da súa influencia, que pode afectar a nosa identidade como cidadáns.


